Saturday 18 de May de 2024

XXIV edición da Carreira Popular de Santa Uxía


O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, e Moncho Sampedro, da Asociación de Veciños de Carreira, presentaron hoxe a XXIV edición da Carreira Popular de Santa Uxía; que formará parte do IX Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, así como do VI Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa.

O evento terá lugar o sábado 30 de setembro a partir das 17.00 horas e a proba absoluta disputarase sobre a distancia 10 km. Poderán participar atletas federados e non federados; e as probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo. Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Complexo Deportivo de A Fieiteira e o Centro de Raqueta Sta Uxía (praia de Coroso), así como tamén servizo de gardarroupa na Oficina de Turismo.

Os participantes poderán realizar a súa inscrición na web https://www.ribeira.gal/ e www.emesports.es, con data límite o mércores 27 de setembro ás 23.59 horas